Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia
Cantiga recollida por Antía de 3º ESO A LETRA COMPLETA O clavel Botei un clavel o río foi cerrado e veu aberto, aprovéitate das falas que o cariño non che é certo. Botei un clavel ao rio e onde hai auga fai remanso, dese que os meus ollos te viron non tiveron máis descanso. Botei un clavel ao río enterróuseme no lodo, non sei se che din a entrada se te despida de todo. Capilla que non ten santo non se lle fai oración, e o mozo que non é mozo non se lle fai atención. A miñá sogra é bruxa e heina facer rabear non lle me hei casar co fillo nin llo hei de deixar casar. AUDIO Loli Cid · 23_Cantar de Trandeiras