Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

 Cantiga recollida por Antía de 3º ESO A


LETRA COMPLETA

O clavel

 

Botei un clavel o río

foi cerrado e veu aberto,

aprovéitate das falas

que o cariño non che é certo.

 

Botei un clavel ao rio

e onde hai auga fai remanso,

dese que os meus ollos te viron

non tiveron máis descanso.

 

Botei un clavel ao río

enterróuseme no lodo,

non sei se che din a entrada

se te despida de todo.

 

Capilla que non ten santo

non se lle fai oración,

e o mozo que non é mozo

non se lle fai atención.

 

A miñá sogra é bruxa

e heina facer rabear

non lle me hei casar co fillo

nin llo hei de deixar casar.


AUDIO

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Contos de defuntos

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

Podcast Rosalía de Castro: Lectura continuada 23F