Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cantiga popular

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

 Cantiga recollida por Lucas  de 1º ESO C do seu avó. LETRA COMPLETA Polo rio abaixo vai,  unha troita de pé, Corre que te corre,  quen a puidera coller, Quen a puidera coller,  quen a puidera pillar, Polo río abaixo vai  unha troita de pé! AUDIO Loli Cid · 4_Polo río abaixo vai

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

  Cantiga de Mohamed de 1º ESO C recollida no fogar dos maiores. LETRA COMPLETA VEN BAILAR CARMIÑA O zapato pide zapato a media pide zapato, as rapaciñas morenas, piden uns rapaces guapos. Ven bailar Carmiña,  Carmiña, Carmela co zapato baixo  e a media de seda e a media de seda  e a  media calada, ven bailar Carmiña miña namorada. AUDIO Loli Cid · 6_ carmiña carmela

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

 Cantiga recollida por Hugo de 1º ESO D LETRA COMPLETA O SAN MARTIÑO O San Martiño de Ourense bota as castañas abaixo o San Martiño de Ourense bota as castañas abaixo bota nelas as grandiñas que as pequenas non me baixo bota nelas as grandiñas que as pequenas non me baixo. AUDIO Loli Cid · 12_san martiño de ourense

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

Arrolo da avoa de Anxo de 1º ESO C. Letra completa : Miña nai miña naiciña miña nai do corazón, moitas nais eu teño visto pero como a miña non. Quen me dera una naiciña, anque fora dunha silva, que por ben que me picara érache miña naiciña. Miña nai miña naiciña, miña nai do corazón, moitas nais eu teño visto, pero como a miña non. Quen me dera unha naiciña, anque fora de escambrón, que por ben que me picara, era nai do corazón. Miña nai miña naiciña, como a miña non hai ningunha, que me quentou a cariña ca calorciña da súa. AUDIO Loli Cid · 1_arrolo_miña nai

CANTIGAS POPULARES DA COMARCA DA LIMIA

O noso alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO, as familias e os maiores do centro de día da vila de Xinzo poden estar orgullosos de axudar a que o noso patrimonio inmaterial siga sendo obxecto de estudo e se recompile para as xeracións posteriores poidan disfrutar da memoria e a cultura do noso pobo. Agradecida polo traballo e o esforzo das familias. Con este podcast non só crece o  noso  contido da radio senón que tamén o noso granciño de area por normalizar a nosa lingua e poñer en valor a nosa cultura. Aínda que temos máis cantigas recollidas aquí vai unha escolla. Listaxe das cantigas en teiras Loli Cid · Letras Galegas 2025: Cantigas recollidas na Limia

DE CANTIGA POPULAR A PANXOLIÑA DE NADAL

 Aí vai a letra desta cantiga popular que nos recolle Anxo da súa avoa. Pareceume tan fermosa e unha homenaxe tan linda as nosas nais que ben merece qeu a cantemos entre todos como cantiga do noso Nadal!! "Miña nai m iña naiciña m iña nai do corazon, moitas nais eu teño visto pero como a miña non Quen me dera una naiciña, aunque fora dunha silva que por ben que me picara erache miña naiciña. Miña nai miña naiciña, miña nai do corazon, moitas nais eu teño visto, pero como a miña non. Quen me dera unha naiciña aunque fora de escambron, que por ben que me picara era nai do corazón. Miña nai miña naiciña como a miña non hai ninguna que me quentou a cariña ca calorciña da súa." Loli Cid · Anxo_cantiga2