Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

Arrolo da avoa de Anxo de 1º ESO C.


Letra completa:

Miña nai miña naiciña

miña nai do corazón,

moitas nais eu teño visto

pero como a miña non.

Quen me dera una naiciña,

anque fora dunha silva,

que por ben que me picara

érache miña naiciña.

Miña nai miña naiciña,

miña nai do corazón,

moitas nais eu teño visto,

pero como a miña non.

Quen me dera unha naiciña,

anque fora de escambrón,

que por ben que me picara,

era nai do corazón.

Miña nai miña naiciña,

como a miña non hai ningunha,

que me quentou a cariña

ca calorciña da súa.


AUDIO

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Contos de defuntos

PODCAST I`M OBELIX

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia