Radio literaria para que o alumnado deixe as súas valoracións sobre as lecturas que fan no IES a través de Podcast.
Contos de defuntos
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Hoxe compartimos convosco as historias das nosas familias. O alumnado do IES Lagoa de Antela recolleu contos e historias do Día de Defuntos para a nosa radio.
Arrolo da avoa de Anxo de 1º ESO C. Letra completa : Miña nai miña naiciña miña nai do corazón, moitas nais eu teño visto pero como a miña non. Quen me dera una naiciña, anque fora dunha silva, que por ben que me picara érache miña naiciña. Miña nai miña naiciña, miña nai do corazón, moitas nais eu teño visto, pero como a miña non. Quen me dera unha naiciña, anque fora de escambrón, que por ben que me picara, era nai do corazón. Miña nai miña naiciña, como a miña non hai ningunha, que me quentou a cariña ca calorciña da súa. AUDIO Loli Cid · 1_arrolo_miña nai
Hoxe luns 23 de febreiro comezamos nos recreos a lectura da obra de Rosalía de Castro para facer un chisco máis presente o espírito da nosa escritora e a súa obra. Prolongaranse ao longo de toda a semana as lecturas, nos recreos e na biblioteca do noso centro de ensino. Loli CID CID · Podcast Día de Rosalía 2026: Lectura continuada
Comentarios
Publicar un comentario