DE CANTIGA POPULAR A PANXOLIÑA DE NADAL
Aí vai a letra desta cantiga popular que nos recolle Anxo da súa avoa. Pareceume tan fermosa e unha homenaxe tan linda as nosas nais que ben merece qeu a cantemos entre todos como cantiga do noso Nadal!!
"Miña nai miña naiciña miña nai do corazon, moitas nais eu teño visto pero como a miña non
Quen me dera una naiciña, aunque fora dunha silva que por ben que me picara erache miña naiciña.
Miña nai miña naiciña, miña nai do corazon, moitas nais eu teño visto, pero como a miña non.
Quen me
dera unha naiciña aunque fora de escambron, que por ben que me picara era nai
do corazón.
Miña nai miña naiciña como a miña non hai ninguna que me
quentou a cariña ca calorciña da súa."
Comentarios
Publicar un comentario