Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

 Cantiga de Andrés de 1º ESO C recollida do seu avó.


LETRA COMPLETA

PAXARIÑO

Con piñeiros de arredor,

teño unha casa no monte

con piñeiros de arredor

unha fonte e un salgueiro

miña nena,

onde canta o reiseñor.


Unha fonte e un salgueiro, 

miña nena

onde canta o reiseñor


Aquel paxariño 

era bonitiño

(viña da Ribeira) 

da beira do Miño

- ¿e como lle chaman? 

- chámanlle Pepiño

- que bonito nome

ten o paxariño!


Paxariños que alegres cantades

polas follas dos loureiros

e subides polos amieiros 

a busca-la raiola (raíña) do sol.

Paxariños que alegres cantades, 

polas follas dos loureiros 

e subides polos amieiros 

a busca-la raiola do sol.


Non sexas tan presumida

se queres casa-la filla (Rosiña)

non sexas tan presumida.

Non te deixes enganar

miña nena,

 se queres ser prendida (pretendida)

non te deixes enganar 

miña nena, 

se queres ser prendida


Aquel paxariño 

era bonitiño

(viña da Ribeira) 

da beira do Miño

- ¿e como lle chaman? 

- chámanlle Pepiño

- que bonito nome

ten o paxariño!

Paxariños que alegres cantades, 

polas follas dos loureiros 

e subides polos amieiros 

a busca-la raiola do sol.

AUDIO


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Contos de defuntos

PODCAST I`M OBELIX

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia