Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

Cantiga de Carlos de 4º ESO recollida da súa avoa.

LETRA COMPLETA

Era o Pepiño da Veiga

estas palabras dicía

o día de San Antonio

eu non traballo ese día.

O día de San Antonio

non se pode traballar

co meu corazón palpita

que a morte vai buscar.

O capataz que era un bruto

estas palabras dicía

o que non traballe hoi 

mañana o despedía.

Pepe por non despedirse

ó traballo se marchou

ós tres primeiros golpes 

unha pedra o matou.

Adios túnel de Peares

quen che puxo Bocanegra

que ahora vas acabando

Coa xuventu gallega.



VÍDEO

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Contos de defuntos

PODCAST I`M OBELIX

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia