Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

 Cantigas que Martín de 1º ESO C recolleu da súa avoa

LETRA COMPLETA 


Eu queríame casar, 

miña nai non teño roupa, 

casa miña filla, casa 

que unha perna tapa a outra.

 *********************************

Este pandeiro que toca

é de pelica de ovella,

onte pacía nas herbas 

 e hoxe toca que rabea.

 **********************************

Jacintiño, Jacintiño

todos me din que es pequeno

e a min parécesme grande

co cariño que che teño.

******************************

A moza que anda no baile

ten a saia revirada,

que lla revirou o aire

nunha noite de xeada.


AUDIO

formato non compartible de momento

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Contos de defuntos

22 SEGUNDOS

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia