Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

 Cantiga recollida por Uxía Trigo de 3º ESO A


LETRA COMPLETA

Na beira de Sarreaus

 

Ollos verdes son traidores,

azules son mentireiros,

e os verdes e castañados son firmes e verdadeiros.

Na beira na beira na beira de Sarreaus

hai unha barquiña para porcos e marraus,

para porcos e marraus,

para porcos e marraus,

na beira, na beira, na beira de Sarreaus.

Hoxe vin pasar o río,

cos zoquiños de madeira,

ías tan remangadiña o pasar,

pola beiriña.

Na beira, na beira, na beira de Sarreaus,

hai unha barquiña para porcos e marraus,

para porcos e marraus,

para porcos e marraus,

na beira, na beira, na beira do mar.

Cinco sentidos temos,

os cinco necesitamos

e os cinco perdemos cando nos namoramos.

Na beira, na beira, na beira de Sarreaus,

hai unha barquiña para porcos e marraus,

para porcos e marraus,

para porcos e marraus,

na beira, na beira, na beira de Sarreaus.


AUDIO

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Contos de defuntos

22 SEGUNDOS

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia