Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

 Cantiga recollida por Xavi Fonseca d e3º ESO A


LETRA COMPLETA

VINDO DO MUÍÑO

 

Unha noite vindo do muíño

 unha nena oín chorar,

pregunteille e díxenlle que tiña,

e ela triste púxose a contar.

 

Ala arriba naquil prado

 enredando cun rapaz,

e o rapaz como era parvo

 rompeume o delantal.

E agora voume pra casa,

miña nai vaime pegar.

 

Non lle digas, miña nena,

que cho rompeu o rapaz,

dille nena que foi unha silva

 no momento de querer pasar.

 

Entre silvas e silveiros

moitas cousiñas se fan,

ten coidado, miña nena,

 non te vaian enganar.

AUDIO

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Contos de defuntos

Letras Galegas 2025. Cantiga recollida na Limia

Podcast Rosalía de Castro: Lectura continuada 23F