Cantiga recollida por Uxía Trigo de 3º ESO A LETRA COMPLETA Na beira de Sarreaus Ollos verdes son traidores, azules son mentireiros, e os verdes e castañados son firmes e verdadeiros. Na beira na beira na beira de Sarreaus hai unha barquiña para porcos e marraus, para porcos e marraus, para porcos e marraus, na beira, na beira, na beira de Sarreaus. Hoxe vin pasar o río, cos zoquiños de madeira, ías tan remangadiña o pasar, pola beiriña. Na beira, na beira, na beira de Sarreaus, hai unha barquiña para porcos e marraus, para porcos e marraus, para porcos e marraus, na beira, na beira, na beira do mar. Cinco sentidos temos, os cinco necesitamos e os cinco perdemos cando nos namoramos. Na beira, na beira, na beira de Sarreaus, hai unha barquiña para porcos e marraus, para porcos e marraus, para porcos e marraus, na beira, na beira, na beira de Sarreaus. AUDIO Loli Cid · 20_Na beira de Sarreaus