Arrolo da avoa de Anxo de 1º ESO C. Letra completa : Miña nai miña naiciña miña nai do corazón, moitas nais eu teño visto pero como a miña non. Quen me dera una naiciña, anque fora dunha silva, que por ben que me picara érache miña naiciña. Miña nai miña naiciña, miña nai do corazón, moitas nais eu teño visto, pero como a miña non. Quen me dera unha naiciña, anque fora de escambrón, que por ben que me picara, era nai do corazón. Miña nai miña naiciña, como a miña non hai ningunha, que me quentou a cariña ca calorciña da súa. AUDIO Loli Cid · 1_arrolo_miña nai
Comentarios
Publicar un comentario