Publicacións

CANTIGAS POPULARES DA COMARCA DA LIMIA

O noso alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO, as familias e os maiores do centro de día da vila de Xinzo poden estar orgullosos de axudar a que o noso patrimonio inmaterial siga sendo obxecto de estudo e se recompile para as xeracións posteriores poidan disfrutar da memoria e a cultura do noso pobo. Agradecida polo traballo e o esforzo das familias. Con este podcast non só crece o  noso  contido da radio senón que tamén o noso granciño de area por normalizar a nosa lingua e poñer en valor a nosa cultura. Aínda que temos máis cantigas recollidas aquí vai unha escolla. Listaxe das cantigas en teiras Loli Cid · Letras Galegas 2025: Cantigas recollidas na Limia

Podcast Corazón de Xúpiter

 Fantástica valoración da alumna Lucía García de 3º ESO C Lucía García Feijoó · A miña opinión sobre o libro "O corazón de Xúpiter" de Ledicia Costas

DE CANTIGA POPULAR A PANXOLIÑA DE NADAL

 Aí vai a letra desta cantiga popular que nos recolle Anxo da súa avoa. Pareceume tan fermosa e unha homenaxe tan linda as nosas nais que ben merece qeu a cantemos entre todos como cantiga do noso Nadal!! "Miña nai m iña naiciña m iña nai do corazon, moitas nais eu teño visto pero como a miña non Quen me dera una naiciña, aunque fora dunha silva que por ben que me picara erache miña naiciña. Miña nai miña naiciña, miña nai do corazon, moitas nais eu teño visto, pero como a miña non. Quen me dera unha naiciña aunque fora de escambron, que por ben que me picara era nai do corazón. Miña nai miña naiciña como a miña non hai ninguna que me quentou a cariña ca calorciña da súa." Loli Cid · Anxo_cantiga2

PODCAST IRIDIUM

  Lara Conde Gómez · Lara Conde Gómez - Iridium.m4a

Podcast Cartas de inverno.

Volven os podcast literarios neste curso 2024-2025, e o primeiro libro que traemos á radio foi Cartas de inverno , de Agustín Fernández Paz. Lucía García Feijoó · A miña valoración sobre cartas de inverno Rodrigo · Rodrigo Barreiro Gomes 3A.aac Reprodutor onde se recompilan as valoracións do alumnado sobre a novela Cartas de  inverno. Loli Cid · Valoracións Cartas de inverno 2024

As familias contan II.

  Podcast das historias de Samaín  Este curso 2024-2025 as familias do alumnado de 1º e 3º da ESO volveron colaborar co centro na recollida de patrimonio oral e botáronnos uns contos que agora compartimos na radio do IES Lagoa de Antela. Mouros, mouras, lobos, ánimas e demais personaxes da nosa literatura popular protagonizan estas historias. Grazas a todos por colaborar. Loli Cid · Historias de Samaín. As familias contan II

22 SEGUNDOS

Valoración Manuel Rodríguez Manuel Rodriguez Dacal · 22 segundos Valoración Lucía Gómez Lucia Gómez feijoo · Valoración persoal 22 segundos Lucía Gómez   Valoración Fabián Nogueiras Fabián Nogueiras · 22 segundos Fabián Nogueiras 3-B Valoración do libro de Saúl Nogueiras  Valoración do libro de Lucía Parada Valoración do libro de Miguel Santana Daniel Rodríguez Daniel R.Y. · Valoración literaria de "22 Segundos" (Daniel Rodríguez Yáñez de 3° da ESO C) NEREA PAZ ne pama · podcast 22 segundos Nerea 3°A.aac Valoración de Hugo Camino   Hcaminogarcia · 22 segundos.wav