DE CANTIGA POPULAR A PANXOLIÑA DE NADAL
Aí vai a letra desta cantiga popular que nos recolle Anxo da súa avoa. Pareceume tan fermosa e unha homenaxe tan linda as nosas nais que ben merece qeu a cantemos entre todos como cantiga do noso Nadal!! "Miña nai m iña naiciña m iña nai do corazon, moitas nais eu teño visto pero como a miña non Quen me dera una naiciña, aunque fora dunha silva que por ben que me picara erache miña naiciña. Miña nai miña naiciña, miña nai do corazon, moitas nais eu teño visto, pero como a miña non. Quen me dera unha naiciña aunque fora de escambron, que por ben que me picara era nai do corazón. Miña nai miña naiciña como a miña non hai ninguna que me quentou a cariña ca calorciña da súa." Loli Cid · Anxo_cantiga2