Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

MANIFESTO DÍA DE ROSALÍA 2026

Imaxe
 A nosa compañeira Chus Prol leunos o manifesto de Eva Veiga publicano na AELG para conmemorar o día do nacemento da nosa poetisa e tamén para reflexionar sobre un problema que pon de total actualidade a obra de Rosalía de Castro e que tristemente nos deixa ver o pouco que avanzamos como sociedade no ámbito social. Soberbia, hipocresía, fame, pobreza, nenos desprazados e desprotexidos, vulnerabilidade dos dereitos humanos ... temas vellos por desgraza, problemas actuais. Loli CID CID · MANIFESTO ROSALÍA 2026_CHUS

Podcast Rosalía de Castro: Lectura continuada 23F

  Hoxe luns 23 de febreiro comezamos nos recreos a lectura da obra de Rosalía de Castro para facer un chisco máis presente o espírito da nosa escritora e a súa obra. Prolongaranse ao longo de toda a semana as lecturas, nos recreos e na biblioteca do noso centro de ensino. Loli CID CID · Podcast Día de Rosalía 2026: Lectura continuada