Publicacións

PODCAST PLEA

Chegan os primeiros traballos para a radio dos máis pequenos do IES. Os de primeiro da ESO están estreando a hora de ler neste curso tras os cambios esixidos e como actividade de avaliación das lecturas neste momento están experimentando coas valoracións e a creación de podcast. Loli CID CID · Atranco no banco

OS DOUS DE SEMPRE

Valoración da novela de Castelao feita por Hugo Camino de Iº BAC B  

MANIFESTO DÍA DE ROSALÍA 2026

Imaxe
 A nosa compañeira Chus Prol leunos o manifesto de Eva Veiga publicano na AELG para conmemorar o día do nacemento da nosa poetisa e tamén para reflexionar sobre un problema que pon de total actualidade a obra de Rosalía de Castro e que tristemente nos deixa ver o pouco que avanzamos como sociedade no ámbito social. Soberbia, hipocresía, fame, pobreza, nenos desprazados e desprotexidos, vulnerabilidade dos dereitos humanos ... temas vellos por desgraza, problemas actuais. Loli CID CID · MANIFESTO ROSALÍA 2026_CHUS

Podcast Rosalía de Castro: Lectura continuada 23F

  Hoxe luns 23 de febreiro comezamos nos recreos a lectura da obra de Rosalía de Castro para facer un chisco máis presente o espírito da nosa escritora e a súa obra. Prolongaranse ao longo de toda a semana as lecturas, nos recreos e na biblioteca do noso centro de ensino. Loli CID CID · Podcast Día de Rosalía 2026: Lectura continuada

Podcast Ollos de auga

 Manuel Rodríguez decantouse polo xénero negro e leu a novela policiaca de Domingo Villar, Ollos de Auga. Loli CID CID · Ollos de auga_ Manuel Rodríguez

Podcast Os vellos non deben de namorarse

 A obra de teatro de Castelao foi todo un éxito entre o alumnado de 1º de bac que escolleron Os vellos como a lectura voluntaria deste 1º trimestre. Loli CID CID · PODCAST OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Podcasrt A dúbida, de María Reimóndez

 Tomás fixo unha lectura e valoración da obra de María Reimóndez, A dúbida. Podedes escoitala aquí.